Skip to main content
Begonte

Begonte acolle unha xornada formativa sobre compostaxe doméstica

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os veciños que participarán na campaña de compostaxe posta en marcha polo Concello están convocados hoxe, 9 de febreiro, a unha xornada formativa que se realizará na Casa da Cultura de Begonte ás 19h.

Nesta sesión entregaranse os composteiros para iniciar a reciclaxe de residuos orgánicos.

O pasado 28 de decembro, o Concello informaba da Campaña de compostaxe doméstica do Concello de Begonte en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Desde aquela data os interesados (limitábase a 75 vivendas unifamiliares do Concello de Begonte) podían inscribirse nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica para recibir a formación e un composteiro.