Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Castiñeiro Milenario convoca para o día 11 a Foliada de Inverno

Por 22 Febreiro, 2023Febreiro 23rd, 2023Sin comentarios

Castiñeiro Milenario comeza o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro de Begonte. Este ano terá lugar o 11 de marzo e dará comezo cun obradoiro de trompa ou birimbao.

Daniel do Pando, recoñecido tocador da trompa, impartirá un obradoiro de iniciación a este instrumento. O obradoiro, de nivel iniciación, ten unha duración aproximada de catro horas e consta dunha parte teórica para tratar temas como a historia, afinación, limpeza… e outra práctica como o agarre, ritmos básicos, melodía, etcétera. A cada participante deixaráselle un instrumento para o obradoiro. O inicio está programado para as cinco de tarde. O prezo é de 15€ para as persoas asociadas de Castiñeiro e de 20€ para o público en xeral. É aconsellable anotarse enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com, chamando ao 616705174 ou por calquera das nosas redes sociais.

Despois do tempo de formación, pasarese aos petiscos para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 22:00. O grupo local Foliadeir@s do Castro serán os encargados de romper o xeo e comezar a foliada. Seguidamente Xaora será o grupo encargado de continuar a festa. Ao remate dos grupos, comezará a foliada aberta.