Skip to main content
Begonte

O CEIP Virxe do Corpiño organiza unha xornada de portas abertas este martes

Por 26 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Ceip Virxo do Copiño de Begonte celebrará este martes, 28 de febreiro, unha xornada de portas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.

O horario de visita será a partir das 16.15 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados do director, quen tamén se encargará de presentar o proxecto educativo do centro.

Os interesados en participar deberán pedir cita previa no 982 870 089.

O centro conta con comedor escolar con cociña propia e dous cociñeiros, transporte escolar e conciliación da vida familiar e laboral cun plan Madrugadores desde as 08:00 e actividades extraescolares a partir das 16:00; ademais de escola de nais e pais.