Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Rematan as obras que completan o abastecemento de auga a Castro de Rei

Por 3 Febreiro, 2023Febreiro 4th, 2023Sin comentarios

A actuación que vén de finalizar centrouse na execución dun ramal que mellora a conexión co polígono industrial.

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de finalizar as obras da segunda fase da mellora do abastecemento ao Concello de Castro de Rei, cuxa execución comezou a principios de xullo.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos, que completan a primeira fase realizada en 2021. En total, o Goberno galego destinou algo máis de 1 M€ a optimizar a rede de subministración de auga potable do municipio.

A última actuación contou cun orzamento autonómico de 380.900 euros -incluídas as obras e a contratación da asistencia técnica e da dirección facultativa – para mellorar as condicións de presión na rede de abastecemento no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea e no polígono industrial.

Este segundo proxecto centrouse na execución dun ramal que, partindo dun tramo que se desenvolveu na primeira fase, mellora a conexión co polígono industrial. Para acometer este ramal, empregouse unha condución de máis de 1,5 km con tubaxe de polietileno de 225 mm de diámetro.

As obras foron executadas a través dun convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Castro de Rei. A través deste acordo, a Xunta achegou o 80% do orzamento e a entidade local o 20% restante. A actuación foi cofinanciada pola Unión Europea con fondos FEADER.

Solución conxunta

Arias lembrou que a primeira fase tivo un orzamento de 650.400 euros -incluída a asistencia técnica e a dirección facultativa das obras – por parte da Xunta e consistiu na construción de dous tramos de tubaxe de abastecemento de fundición no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea e nas inmediacións do termo municipal. Tamén se executaron varias arquetas de formigón armado para aloxar as ventosas e desaugues proxectados, así como as conexións coa rede existente.

Arias salientou que o Goberno galego continúa prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan seguir prestando de xeito eficiente os servizos de saneamento, abastecemento y depuración, que son de competencia local.