Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Programa clases de zumba en Castro de Rei e de Ribeiras de Lea

Por 11 Febreiro, 2023Sin comentarios

Castro de Rei contará cun programa de clases de zumba que se desenvolverá nas dúas localidades principais do Concello unha vez á semana.

Será o martes no centro sociocultural Manuel Carballo de Castro de Rei e os xoves no salón do mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea. Nos dous casos as sesións serán ás 18.00 horas.

Esta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei, ten un prezo de 20 euros ao mes. Os interesados en anotarse poden facelo no 688 440 008.