Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXACospeito

As filloeiras de Muimenta son as protagonistas da publicidade dunha empresa aceiteira galega

Por 15 Febreiro, 2023Febreiro 16th, 2023Sin comentarios

Aceites Abril (empresa referente de Galicia) inician este mes de febreiro unha nova campaña Haciendo mejor a los mejores, onde, xunto ás coñecidas Filloeiras de Muimenta, reivindican o seu bon facer culinario frente ás “crêpes foráneas”, a través dunhas creatividades cun tono casual.

Dende a empresa aceiteira, manifestan: “¿Quen mellor ca elas para engrandecer e ensalzar á filloa, tan típica nestas datas?”

Con esta campaña, ponse en valor o patrimonio culinario de Galicia, e as súas grandes defensoras (e defensores, xa que lembramos que en Muimenta, temos unha gran canteira de filloeiros), mantendo unha das recetas ancentrais como a da filloa.

Dase voz e ponse nome propios a catro das filloeiras máis veteranas da Festa da Filloa de Muimenta, Festa de interese turístico de Galicia, dúas veciñas de Muimenta: Maruja Alonso e Claudina Rus, e dúas veciñas de Bazar (Castro de Rei), as irmáns Dosinda e Ana Vila, onde a unha sola voz din “Non somos de crêpes, somos de filloas”.

As protagonistas son colaboradoras da Asociación de Empresarios de Muimenta, que organizan a Festa da Filloa de Muimenta, que se celebra nesta localidade desde o ano 1992.

Dita festa naceu, en principio para buscar fondos para a financiación da Moexmu, aínda que tamén para recuperar este típico postre de gran tradición a comarca da Terra Chá, en particular e en Galicia en xeral, e que se estaba comenzando a deixar de elaborar.

Impulsouse a recuperación deste típico postre da gastronomía galega, e co paso dos anos, a festa que se celebra cada primeiro de maio, logrou ser recoñecida pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Igualmente, dende o ano 2005 levase a cabo Escola de Filleiras e Filloeiros, para garantizar que as novas xeneracións poidan desfrutar deste manxar. Moitos deses alumnos participan hoxe en día na festa eleborando filloas.

Aceites Abril aporta a súa experiencia e saber, potenciando a tradición culinaria de Galicia e axudando a conservar o verdadiero patrimonio cultual galego.