Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A veciñanza de Castro de Rei volve manifestarse polo seu centro de saúde

Por 27 Febreiro, 2023Febreiro 28th, 2023Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei convocou onte á veciñanza a unha concentración diante do centro médico de Castro de Rei.

Nesta concentravción participou a concelleira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, como a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.

Esta convocatoria forma parte das mobilizacións e accións que o BNG impulsou para reclamar ao goberno da Xunta de Galiza a que aplique as medidas precisas para a dotación de recursos, tanto materiais como humanos, para contar cos servizos sanitarios plenos.

Algunhas das medidas que o BNG promoveu foi a celebración dunha xuntanza con responsábeis para arranxar a situación, a que o PP rexeitou. Mais tamén, e como consecuencia, a reprobación pública do conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, debido continuo deterioración e desleixo da sanidade pública do concello.

A concelleira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, declarou “o BNG sempre vai estar do lado da veciñanza, é unha obriga garantir o dereito á saúde, mais o PP tanto na Xunta como no goberno municipal teñen un obxectivo, esnaquizar os servizos públicos para favorecer á sanidade privada”.

Neste senso, a concelleira subliñou “é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello contemos cuns servizos sanitarios baixo mínimos, e sobre todo as doentes deste centro médico de Castro de Rei; hai menos dun mes, o alcalde dicía que a Xunta non era a responsábel deste centro para dotalo de facultativos, e parece que agora tras o impulso destas mobilizacións e as elección municipais, decidiuse reabrir” e incidiu “é unha decisión política, e as novas da Xunta só poden ser fume, non están a garantir que se reabra coa mesma atención, por todo isto desde o BNG imos traballar para acadar unha atención plena”.