Skip to main content
Cospeito

Abre o prazo para solicitar parcela na Moexmu 2023

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXIX Mostra Exposición de Muimenta abre o prazo para reservar as parcelas no recinto feiral que acollerá esta cita co agro galego.

Para poder facer a inscrición ou solicitar información sobre a mesma, os interesados poden poñerse en contacto coa organización a través do teléfono 982 504 002 ou na dirección de correo moexmu@gmail.com. Tamén poderán atopar o contacto na páxima de facebook e no blog.

Os prezos para participar na Mostra, que se celebrará do 31 de marzo ao 2 de abril serán notificados na inscrición.

Tamén se ponden apuntar xa para o concurso de vacas e xatas, a través de Africor Lugo no telefóno 982 250 714.