Skip to main content
Cospeito

Filloeiras de Muimenta participaron na Festa da Filloa de Sada

Por 20 Febreiro, 2023Sin comentarios

Un ano máis as filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta acudiron este domingo á celebración homónima que tivo lugar no Concello de Sada, que celebrou á súa edición XXXVII.

As filloeiras chairegas xa estiveron nesta celebración no ano 2016 e o ano pasado promocionando tamén a festa que ten lugar en Muimenta o 1 de maio e que ten o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Prepararon as filloas ao máis puro estilo chairego, que gozaron do aprezo do público.

A Festa da Filloa de Sada contou con animación musical ademais da degustación deste produto como de anís, mel e café. Estas especialistas estiveron tamén a fin de semana anterior na Festa da Filloa de Pedra de Baña.