Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unha xornada de plantación de árbores autóctonas

Por 8 Febreiro, 2023Sin comentarios

A campaña Cousa de Raíces, en prol da defensa do bosque autóctono de Galicia e promovida por máis de 70 entidades, organiza unha acción simultánea Mirando polos nosos bosques para a fin de semana do 11 e do 12 de febreiro.

Trátase dunhas xornadas de eliminación de invasoras e de plantación de árbores autóctonas que terán lugar en varios concellos de Galicia nos que se realizarán diferentes accións como plantación de autóctonas, eliminación de invasoras ou deseucaliptización.

Na provincia de Lugo será o concello de Friol o encargado de acoller esta actividade simultánea o sábado día 11 e que consistirá nunha plantación de árbores autóctonas.

Para acudir será necesario previa inscricións a través do seguinte formulario