Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol inicia a instalación de fibra óptica no rural

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

A empresa Extel, adxudicataria do proxecto para instalar en Friol a fibra óptica, comezou os traballos iniciais fai unhas semanas, polo que o rural do Concello de Friol poderá contar coa fibra en breve.

O Concello de Friol poderá contar con fibra en todo o seu rural a finais de este ano 2023, se todo marcha segundo o previsto.

A empresa Extel, que é a adxudicataria do proxecto en cuestión, será a encargada de facer todo o proceso ata a fase final, na que se realizará o desenvolvemento da enxeñaría facendo as interconexións dentro de cada parroquia, e tamén entre as diferentes parroquias de todo o municipio.

As fases de este proxecto son replanteo, enxeñaría e desenvolvemento. O que se está facendo agora é o replanteo, para ver a infraestrutura existente que se poida aproveitar para facer o desplegue da fibra, como é o tendido do alumeado público ou o de Fenosa.

Unha vez feita esta parte, que está previsto que dure entre dez e doce semanas, procederase a realizar a enxeñaría necesaria para poder levar a cabo os traballos de desenvolvemento e instalación da infraestrutura, é dicir,  instalación de postes, cables, e todo o que fose necesario. Gracias ao aproveitamento do amplo tendido xa existente no municipio, esta fase poderá reducirse no tempo e no importe empregado para a mesma.

Este mércores o alcalde de Friol, Jose Á. Santos, acompañado de parte do equipo técnico e representantes da empresa adxudicataria, visitaron a parroquia de Condes, onde están cos traballos de replanteo que se están a realizar no Concello de Friol.

Os primeiros traballos que se están realizando xa abarcan a case cen barrios das parroquias de Carlín, Bra, Anxeriz, Seixón, Miraz, Anafreita, Nodar, Roimil, Rocha, Silvela, Carballo, Xiá, Condes, San Cibrao…….

Dende que se empezaran os traballos, fai unhas semanas, xa levan cuberta algo mais de unha cuarta parte do territorio total do municipio de Friol.

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “esta actuación era moi necesaria para toda a poboación e moi pedida por gran parte da veciñanza, polo que estamos intentado axilizar ao máximo as obras correspondentes para poder dispoñer de fibra en todos os puntos do rural do noso pobo o antes posible”.