Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

San Paio de Narla acolle un encontro sobre emprendemento no rural

Por 22 Febreiro, 2023Sin comentarios

Aldearmos (Encontro de Emprendemento e Xestión Cultural no Medio Rural) terá lugar no Museo Fortaleza San Paio de Narla, en Friol, os días 25 e 26 de febreiro de 2023. Trátase dun proxecto da Rede Aldear dentro do programa Europeo Territorio Cultura coa coordinación de Sacraexperience.

Serán dous días de intervencións. O sábado en xornada de mañá e tarde, (de 11.00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30) e o domingo só de mañá.

Darán comezo cunha intervención de Anxo Moure, seguida de Óscar Vales e a presentación da Rede Aldear. Esta está formada por 15 asociacións lideradas por persoas que viven nunha aldea da provincia de Lugo e Ourense.

Participarán Óscar Penín sobre ruralismo;  Carlota Pérez, sobre Sacraexperience; Nuria Sotelo; de A Casa Vella; Davide Salvado con Unha vida na aldea, e Vari Caramés con Imaxes sacras. Fotografía e comunidades da Ribeira sacra. Presentación do libro e explicación do proxecto.

Pecha a listaxe Encarna Lago para falar de Un museo que mira polo rural. Rede Museística Provincial de Lugo. A sesión será clausurada polo concerto de Davide Salvado.

O domingo estarán as intervencións de Esther Teijeiro, primeira muller en facer un viño ecolóxico en Galicia; Luis Deber, presidente da fundación Ronsell; Rebeca Ponte, de aRibeiro Land Art. Arte e Natureza n aldea de Berán, e Natalia Balseiro, mediadora e xestora cultural.