Skip to main content
Guitiriz

O Parga Rock celebrarase este ano os días 1 e 2 de setembro

Por 5 Febreiro, 2023Sin comentarios

A organización do Parga Rock xa deu a coñecer as datas nas que se celebrará o próximo festival musical, nesta parroquia de Guitiriz.

Será por tanto a fin de semana do 1 e 2 de setembro deste ano na que será a súa edición número VI.

O festival de música rock e metal será novamente de entrada gratuíta e levarase a cabo na Carballeira de Parga con sesión vermú e unha representación dos grupos punteiros neste tipo de música.

A organización non tardará en comunicar as primeiras confirmacións de grupos asistentes.