Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Os Vilares vivirá o seu Entroido este domingo pola tarde

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os Vilares vivirá o Entroido este domingo, día 19 de febreiro, a partir das 16.00 horas. A sesión dará comezo coa concentración dos participantes na escola da Conchada.

Dende aí percorrerán toda a localidade e desprazaranse ás distintas aldeas dos Vilares para rematar, ás 19.30 horas, de novo na Conchada, onde realizarán un desfile de disfraces.

Repartirase entre os asistentes chocolate de balde e produtos títpicos de Entroido. Ademais, está previso o sorteo do Goxo e agasallos para todos os nenos e nenas que acudan disfrazados.

A sesión está organizada pola asociación veciñal dos Vilares en colaboración co Concello de Guitiriz.