Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Guitiriz festexará a Rosalía de Castro con actividades a partir do mércores

Por 20 Febreiro, 2023Febreiro 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz deseñou unha completa programación para celebrar o Día de Rosalía, que se conmemora o 23 de febreiro, e que incluirá actividades lúdicas, lectura de poemas, exposicións e música.

O mércores 22 de febreiro, no Campo da Feira de Guitiriz de 12 a 13:30 horas, terá lugar a primeira sesión do Paraugas da Fala, unha acción que incorpora unha ampla variedade de actividades lúdicas (encrucillados, quebracabezas, sopas de leras, labirintos…). Ademais, farase unha lectura pública dalgúns dos poemas de Rosalía.

O xoves 23 de febreiro o Paraugas da Fala desprazarase ao CEIP Lagostelle onde, de 12:30 a 13:30, participarán os rapaces do 2º ciclo de Primaria acompañados de Alume Guitiriz.

O venres 24 de febreiro inaugurarase na Casa Habanera a mostra A miña Rosalía, que permanecerá ata o 17 de marzo e que está formada por debuxos sobre Rosalía de Castro realizados polo alumnado do CEIP Lagostelle e polo libro de edición especial Rosalía de Castro: obra poética e manuscristos, de Edicións Boreal.

Por último, o mércores 1 de marzo o grupo de pandereteiros e pandereteiras Na casa zoqueiro actuará de 12 a 13 horas no Campo da Feira.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destaca que o obxectivo desta serie de accións é “conmemorar a data de nacemento de Rosalía e, á súa vez, dar a coñecer dun xeito divertido a figura e o legado da nosa ilustre poetisa”.