Skip to main content
Meira

Meira inicia o proceso para elexir un novo xuíz de paz

Por 8 Febreiro, 2023Febreiro 9th, 2023Sin comentarios

O Concello de Meira abre o prazo de presentación de candidaturas para o posto de xuíz de paz.  Poderá presentarse a este posto calquera persoa interesada que deberá entregar a súa candidatura no Rexistro Xeral do Concello, acompañada dun currículum vitae expresivo da súa traxectoria profesional e académica.

Os candidatos deberán ter a nacionalidade española, seren maiores de idade, non acadar a idade legal e xubilación forzosa e non atoparse incursos nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que estabrece a Lei.

A proposta de elección realizarase polo alcalde e estará xustificada nos méritos académicos e profesionais alegados, e será elevada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación por maioría absoluta.

O acordo do Pleno xunto con copia completa do expediente, será remitido á Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que pola Sala de Goberno do TSXG se proceda ao seu nomeamento.