Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Ninghures presenta na casa museo de Manuel María o seu novo traballo

Por 22 Febreiro, 2023Febreiro 28th, 2023Sin comentarios

O próximo sábado 25 de febreiro, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acollerá unha nova actividade cultural dentro da programación que realiza de xeito continuado no seu auditorio. Neste caso será a presentación do novo traballo musical Aquí do grupo De Ninghures. O traballo consta de once temas de composición propia e de arranxos sobre melodías de pezas tradicionais, con influencias de músicas do mundo, desde merengue até rock do deserto.

Sete músicos, Aldara Palmeiro, Hadrián García, Marta Álvarez, Manuel Lucas, Manuel Fernández, Adrián Méndez e Tomé Mouriño, que farán desfrutar ás persoas asistentes tocando xuntos as músicas de raíz cunha grande variedade de instrumentos: viola caipira, bongos, frauta traveseira, violín, bombo, ukelele, acordeón, pandeireta, clarinete, gaita, guitarras, pandeiro, cabás…

O propio De Ninghures cualifica a súa proposta como “música con conciencia e consciencia galega, cos pés chantados no país e os brazos abertos ao que veña”.

É necesario reservar para asistir ao concerto en contacto@casamuseomanuelmaria.galou a través do whatsapp 698177621