Skip to main content
A Pastoriza

Sorpresa no Goberno local da Pastoriza polo anuncio da recuperación do servizo veterinario

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular da Pastoriza anunciou a través das súas redes sociais a posta en marcha en datas próximas do  servizo veterinario para o Concello, unha noticia que causou sorpresa no Goberno local, descoñecedor deste cambio. Segundo aseguran no PP, “dende a oposición traballouse de xeito continuo co delegado Territorial e coa xefa territorial de Medio Rural para tramitar a recuperación deste servizo.

Aseguran os populares que estará en marcha a partri da próxima semana, polo que “os nosos gandeiros aforrarán custos para as súas explotacións e tamén tempo, evitando viaxes a outros concellos, beneficiando economicamente ao resto de sectores locais”, explicaron dende o PP.

GOBERNO LOCAL

Por outra banda, a noticia casou sorpresa nos goberno bipartito, que non tiña coñecemento por parte da Xunta deste feito.

Para o PSOE foi unha gran noticia xa que era “algo moi demandado por todos os partidos políticos do concello” e sempre alegaron que “era inadmisible que sendo unha potencia no sector gandeiro os profesionais do secto tivesen que desprazarse a outros concellos para poder facer as xestións”.

Afirmaron tamén que o alcalde socialista Primitivo Iglesias non foi invitado a esas reunións de recuperación do servizo nin recibiu comunicación ningunha. O alcalde transmitiu “a total colaboración do Concello, esperando que esta plaza non sexa de “quita e pon” como nas anteriores ocasións “onde o PP trouxo un veterinario para a Pastoriza antes das eleccións e despois este servizo pechouse”.

Dende o grupo socialista esixen que esta praza quede incluída na relación de postos de traballo da Xunta e este servizo quede definitivo na Pastoriza.

Na mesma liña pronunciouse a concelleira nacionalista Elva Carrera. “Chámanos a atención ver como o PP se burla dos veciños da Pastoriza xa que despois de levar varios anos sin servizo veterinario, é capaz a poucos meses das eleccións de anunciar a reposición deste servizo nas redes sociais utilizando as institucións para facer campaña electoral dos candidatos que se disputan a cabeza de lista do PP”.

Afirman que esta situación xa se produxo fai 8 anos. “Era o Sr Yáñez quen facía a mesma foto co xefe do servizo da consellería naquel momento, e quen facía o mesmo anuncio. Esta nova que nos alegra enormemente xa que é un servizo fundamental nun concello coma o noso xenéranos certa desconfianza dado que a estratexia de restablecer o servizo antes das elecións e retiralo despois non é nova”, din.

“Lamentamos que nunca se atendera ao escrito enviado dende a área de Medio Rural fai un ano ou as solicitudes anteriores ás que sempre se nos contestou que era moi complicado a súa reposición porque A Pastoriza non tiña esta praza creada e os veterinarios non querían desprazarse”, explica a concelleira.

“Nada mudou neste sentido e ter os nosos gandeiros durante anos sin este servizo e anuncialo agora antes das eleccións sabendo que seguramente cando chegue o verán quedaremos sin servizo, resulta insultante e bochornoso xa que parece que esas dificultades insalvables nas que se escudaron estes anos, deixan de selo en época electoral, lástima que os que foron poñerse agora para a foto non o fixesen antes e solventaran o problema no seu día, agora resulta pouco creible xa levan repetindo a mesma xogada demasiadas veces”, conclúe.