Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A Asociación da Reigosa convoca un xantar veciñal para o domingo

Por 9 Febreiro, 2023Febreiro 11th, 2023Sin comentarios

A veciñanza da parroquia da Reigosa, na Pastoriza, está convidada a un xantar que se celebrará este domingo, 12 de febreiro, a partir das 14.30 horas.

Haberá para quentar motores unha sesión vermú ás 13.00 horas con Nove Ferreñas e despois haberá xogos e varios premios e agasallos.

As persoas que desexen asistir deberán pagar 25 euros os socios e 27 os non socios. Haberá xamón asado, polbo, churrasco de porco, queixo con marmelo, torta de Santiago, café e chupito.