Skip to main content
Axenda CaducadaPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Leña Verde encárgase de novo de celebrar o Entroido en Pol

Por 8 Febreiro, 2023Febreiro 9th, 2023Sin comentarios

A asociación Leña Verde de Pol organizará a tradicional festa do Entroido para o martes 21 de febreiro. A xornada terá actividades para público infantil e adulto e comezará ás 16.30 horas coa apertura da inscrición para o desfile de disfraces, con categorías individual e de parellas no local social de Leña Verde.

Xa ás 17.00 horas dará comezo o desfile infantil/xuvenil, que non terá carácter competitivo, polo que se entregarán obsequios a todas as persoas participantes. A continuación, haberá unha actuación a cargo de Barallocas O Paiaso.

Para o desfrute do público adulto farase a ruta ao son dos cantos de taberna, que levaraos ata os bares e tabernas de Mosteiro, Andión e Rioxoán co acompañamento dos grupos Leña Verde e Airiños da Freba, que darán pé a cantar, bailar e participar da alegría que sempre levan consigo.

Comezará o percorrido ás 18.00 horas por Bar Novo de Rioxoán e Casa Pepe de Andión e sobre as 19.00 continuarán polos establecementos de Mosteiro, desde o Canadá, pasando polo Abuide e Agustín, cunha parada aproximada de 45 minutos en cada un deles.

Sobre as 23.00 horas terán o fin de festa no local social de Leña Verde, onde farán o tradicional convite.