Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Espiñaredo acolle este sábado a Festa da Faeira

Por 1 Febreiro, 2023Sin comentarios

O local social de Espiñaredo acollerá este sábado, 4 de febreiro, unha cea baile con motivo da Festa da Faeira, que se desenvolverá a partir das 21.30 horas.

No menú haberá cocido, bebida, postre, café, chupito e barra libre, a un prezo de 30 euros para adultos e 15 para nenos. A organización contará tamén cun bus, que terá un prezo de 5 euros. Este sairá ás 21.00 horas da estación de buses.

A animación musical estará ao cargo do dúo D’Ases.

A recollida de tickets pode facerse na Casa Picos, Cueva 2 e Cantina do Poboado.