Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acolle a obra ‘Smoke in the water’

Por 2 Febreiro, 2023Sin comentarios

As Pontes acollerá este sábado, 4 de febreiro, a representación da obra de teatro Smoke on the water, da compañía Ibuprofeno Teatro. A sesión terá lugar no auditorio Cine Alovi a partir das 19.00 horas.

Ritchie vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade.

A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear.

Este “status quo” absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enrédeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.