Skip to main content
As Pontes

As Pontes instala unha randeeira turística con vistas ao lago

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

As Pontes vén de estrear un novo atractivo turístico, unha randeeira de tres prazas situado na parte alta do talude do lago.

Dende a súa ubicación contémplase unha das panorámicas máis impresionantes do concello, xa que dende alí poden verse uns 180 graos panorámicos sobre as augas tranquilas do lago e os montes da zona. Ademais, desde ese punto, pode observarse unha magnífica posta de sol nos días despexados.

Este banco tiña pensado instalarse ao mesmo tempo que as letras co nome da vila pero retrasouse debido ao mal tempo e a que se estaba a buscar o lugar máis apropiado para a súa instalación. Finalmente escolleuse este punto, onde se actuará posteriormente e dentro da zona de paseo que utilizan moitos veciños.

Nos poucos días que leva instalado son moitos os veciños e visitantes que non deixaron pasar a ocasión de fotografiarse neste lugar que se está a converter xa en emblemático.