Skip to main content
As Pontes

Comeza a funcionar nas Pontes o novo servizo de apoio e xestión de axudas

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

Xa comezou a funcionar no concello das Pontes a Oficina de Servizo Integral de Xestión de Axudas e Financiación Pública (SIGAP).

Un servizo, que se puxo en marcha coa colaboración de Seara e o respaldo do consultora Impulso, co que se buscar prestar apoio, acompañar e asesorar ao tecido empresarial do municipio, ofrecendo unha ferramenta, completamente gratuíta, que facilitará o acceso aos máis de 77.000 millóns de euros dos Fondos que a Unión Europea dispuxo para España.

Todas aquelas empresas que teñan un novo proxecto empresarial, unha ampliación ou unha mellora para o ámbito das Pontes pode facer uso gratuíto deste servizo, chamando á Seara para solicitar unha reunión.