Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Miri Franco expón ata o día 5 de marzo no taller Comeluz das Pontes

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

O taller de artes Comeluz das Pontes vén de abrir unha mostra da artista Miri Franco Pena, que leva por título O meu sentir.

A mostra permanecerá aberta ata o 4 de marzo con horario de visita de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres. Está situada na avenida da Habana, 42.

Esta artista pontesa e membro da directiva da asociación Artpo presenta 20 cadros nos que emprega distintas técnicas artísticas co que reflicte “a miña etapa actual na pintura e o meu estado interior, dándolle cor e forma a través dos cadros”, di a autora.