Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Homenaxe a Rosalía o día 24 con música para os máis pequenos na biblioteca pontesa

Por 22 Febreiro, 2023Sin comentarios

A biblioteca Rivera Rouco das Pontes celebrará o día 24 de febreiro o Día de Rosalía con Luis Vallecillo. Trátase dunha sesión musical a partir das 18.00 horas na Casa Dopeso con entrada gratuíta pero con inscrición previa na biblioteca no teléfono 981 102 562.

Os pequenos poderán cantar nesta sesión a Rosalía de Castro, lembrando a figura dunha muller que marcou unha época e que aínda seguimos lembrando pola súa obra, e da maneira como transformou a tristura en beleza a través dos seus poemarios e a súa obra literaria.

Como non podía ser doutra maneira, achegarémonos a ela a través do seus poemas feitos canción, xogos e moito baile.