Skip to main content
Axenda CaducadaRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan un obradoiro de musicoterapia en Rábade

Por 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza a través do programa Boa Saúde un obradoiro de Musicoterapia en Rábade dirixido á poboación en xeral para fomentar os hábitos de vida saudable entre a poboación.

A sesión terá lugar no Centro sociocultural de Rábade o 27 de febreiro entre as 10.30 e as 12.30.

O obxectivo xeral do mesmo é previr e axudar a incrementar ou restablecer a saúde física e mental a través da música; ademias de promover o mantemento cognitivo, social, motriz e emocional. Tentarase conseguir benestar, tranquilidade e sentimentos positivos de autorrealización e así mesmo beneficiarse a nivel cognitivo e motor.

O program contará con definir/reflexionar sobre o son, o ruído, o silencio e a música; identificar estilos de música adecuados o grupo; dar a coñecer tipos de música que promoven diferentes estados de ánimo; traballar co corpo e a voz percibindo sensacións musicais; cantar cancións que traballen os recordos, especialmente folclore galego; tocar instrumentos musicais fomentando a creatividade, imaxinación e realización persoal, e o baile, que facilite momentos lúdicos e de distensión con sinxelos movementos corporais.

A formación estará a cargo de Damián Cairo Touriño, profesor de Música no conservatorio profesional da Coruña.

O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de febreiro a través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais); por mail na dirección prevenciondrogas@rabade.org remitindo : nome e apelidos, enderezo ,mail, teléfono e dni; ou no propio Concello de Rábade, no servizo de prevención de drogas, de forma presencial.