Skip to main content
Axenda CaducadaRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Xornada de poda e mantemento de vimbios na Casa das Insuas de Rábade

Por 5 Febreiro, 2023Sin comentarios

O domingo 12 de febreiro, de 10:30 a 14:00, a Casa das Insuas de Rábade acollerá a súa xornada anual de poda e mantemento de vimbios para cestería no Prado da Ponte baixo o nome En pé de terra.

O Prado da Ponte é unha finca custodiada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio na que se desenvolven actividades de conservación da natureza e de educación ambiental. Componse de varias zonas en rexeneración ambiental: un bosque de ribeira no que se están a eliminar as especies alóctonas invasoras existentes; un Salicetum ou plantación experimental de vimbios que nos permite obter o material para a realización de cursos de cestería e dous humidais, unha charca e unha canle tradicional, de vital importancia para as anfibios e insectos acuáticos da zona.

Os interesados en participar deberán inscribirse na direccion casadasinsuas@gmail.com ou no teléfono 620 593 892. Débese levar roupa de traballo e botas de campo.