Skip to main content
Vilalba

Mourence celebra unha festa de Entroido e de recadación para a Romería da Madalena

Por 9 Febreiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

A localidade de Mourence, en Vilalba, celebrará unha festa de Entroido co obxectivo de recadar fondos para sufragar a Romaría da Magdalena.

Así, a casa escola de Mourense será o lugar de celebración desta festa, o sábado 18 de febreiro, a partir das 17.00 horas.

Na festa celebrarase un concurso de disfraces, con premio para o mellor disfraz adulto e o mellor infantil. O custe da entrada será de 1,50 euros por persoa, que dá dereito a un número para participar no sorteo dunha cesta.

Tamén haberá postos de bebida e merenda.