Skip to main content
Vilalba

A biblioteca de Vilalba organiza un obradoiro de Entroido

Por 4 Febreiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

Con motivo do Entroido, o Concello de Vilalba organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos. A actividade celebrarase na Biblioteca Municipal o vindeiro mércores 15 de febreiro de 17:00 a 19:00. 

Durante o evento, a rapazada poderá gozar dun obradoiro de monicreques e dun contacontos. 

A participación no obradoiro é gratuíta, previa inscrición na propia Biblioteca Municipal ou por WhatsApp ao 626399329. As inscricións son limitadas ata completar o aforo do evento.

Dende o Concello de Vilalba recórdase que, no marco das actividades de Entroido, o vindeiro 21 de febreiro será o tradicional desfile, no que se repartirán case 6.000 euros en premios entre as distintas categorías.