Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O filial sénior feminino do Vilalba FS remata a liga como campión invicto

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

O equipo filial feminino do Grupo FormaT Vilalba FS proclamouse Campión da Liga Primeira Autonómica de Lugo.

O equipo adestrado por Ledín foi o gran dominador da categoría, na que acabou invictor con 12 partidos disutados, 11 victorias e 1 empate. Remata a Liga sen coñecer a derrota cun rexistro de 59 goles a favor e soamente 10 en contra. Ademais remata con dez puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Concello de Begonte.

Ademais do título de Liga, o ascenso a Preferente Autonómica pasa porque o primeiro equipo ascenda a Segunda División, ao non poder competir os dous equipos na mesma categoría.

Esta semana o equipo comezará a disputar a Copa Federación de Lugo, segunda fase da tempada, co propósito de facer un dobrete histórico.