Skip to main content
As PontesMeiraVilalba

O grupo Forma-T realiza formación práctica marítima no lago das Pontes

Por 13 Febreiro, 2023Sin comentarios

O grupo de formación chairego Forma-T, con sedes en Meira e Vilalba, vén de ampliar o seu catálogo de formación e consultoría no sector marítimo e eólico con presenza no lago das Pontes.

O obxectivo é ofrecer formación en materia de seguridade dirixida ao persoal que está en instalacións marítimas e en barcos que traballan na industria offshore. Nestas sesións aprenden a coñecer as nocións básicas de supervivencia no mar (BTT Sea Survival).

Para iso puxeron en marcha unhas instalacións no lago das Pontes, nun terreo cedido por Endesa para este fin, onde se realiza a formación, que tamén inclúe loita contra incendios e embarcacións de supervivencia así como botes de rescate e de pasaxeiros.

Forma-T Vilalba, en continuo crecemento, conta xa cunha zona de coworking no polígono pontés de Penapurreira, donde comezou a poñer en marcha distintos proxectos formativos.

O Grupo Forma-T é un referente na formación eólica aínda que tamén destaca pola súa aposta polo sector forestal, onde conta cunha leira de máis de 30.000 metros para as sesións prácticas. Tamén vén de incorporar unha nova liña ao grupo coa compra de Soluciones de Prevención y Salud, unha empresa punteira a nivel nacional.