Skip to main content
Vilalba

Sete Pontes organiza un sorte de Entroido para os consumidores da hostalaría local

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba arranca hoxe coa súa Campaña de Entroido, na que participan un total de 27 locais.

A asociación sorteará unha cest de produtos de Entroido entre todos os que consuman nalgún destes locais entre o 17 e o 22 de febreiro.

Cada local entregará as papeletas coa consumición, que serán coas que se participará no sorteo, que se celebrará o día 24.

Participan o Parador, Attica 21, A Carballeira, Tony, A Lareira, Avenida, Sundaybar, O Cristo, Mesón do Campo, O’Porrás, A Revolta, La Plaza, Centro, Os Roques, Topaz, Lembranzas, Marita, O Carballo, Estudiante, Pafe, Montero, O Porrón, Naseiro, Zapateiro, Pizzca, A Taberna e Puro Teatro.