Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O Iescha presenta en Vilalba o libro A Casa da Toia

Por 22 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudios Chairegos organiza a presentación do libro  A Casa da Toia, de Manuel Ferreiro, o sábado 25 de febreiro de 2023, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

No acto, intervirán o propio autor do libro, Manuel Rubiños Ferreiro, así como a artesá Clara Naseiro e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.

O libro  fai o número 30 da Colección Biblioteca Chairega, sendo editado polo Iescha e financiado grazas ao convenio de colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo para o ano 2022.