Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Aprazada a VII edición da Ruta BTT do queixo San Simón

Por 27 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Club Ciclista tera Chá anunciou que este ano non celebrará a Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa, correspondente á sétima edición, na súa data habitual que ten lugar a primeira fin de semana de abril, coincidindo coa celebración en Vilalba da popular feira.

Esta situación vén motivada “por temas de calendario, permisos varios e cambios na directiva”, explicaron. Adiantaron tamén que “estamos traballando a reo para poder organizar ruta neste ano 2023 nunha nova data axeitada ó calendario de rutas, sobre a que informaremos o máis pronto posible. Agardamos contar con toda a vosa participación como sempre e poder tamén retomar de novo para o 2024 a nosa data habitual no calendario coincidindo ca Feira do Queixo San Simón da Costa”.

A ruta desenvólvese todos os anos no concello de Vilalba e algún dos arredores con distancias diferentes en función dos percorridos con diferentes niveis de dificultade, así como características técnicas e físicas.

A saída e a chegada ten lugar na praza da Constitución de Vilalba en xornada de mañá, onde se celebra a feira.

A participación está aberta a todo ciclista maior de 15 anos a un límite que se achega aos 300 participantes.