Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Roupar celebra unha cea de Entroido o sábado 18

Por 12 Febreiro, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños de Roupar organiza o sábado 18 de febreiro unha cea baile de Entroido a partir das 21.00 horas na Escola Habanera da parroquia.

A cea constará de cocido completo, freixós, orellas e roscas a un prezo de 20 euros para os socios e de 25 para os non socios. Os interesados en participar deberán anotarse antes do 15 de febreiro nos bares de Roupar ou na farmacia ou chamando aos teléfonos 660 228 252 ou 678 063 111.

Para amenizar a festa haberá un grupo con música para bailar.