Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Cabreiros celebra o Entroido cunha comida o sábado 25

Por 15 Febreiro, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños de Cabreiros organiza o sábado 25 de febreiro unha comida de cocido de Entroido a partir das 14.30 horas na casa escola da localidade.

A comida constará de sopa de cocido, cocido completo (lacón, cacheira, botelo, chourizos, grelos, garavanzos e cachelos), freixós, orellas e roscas, café e licores, a un prezo de 20 euros para os socios e de 25 para os non socios.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 19 de febreiro.