Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

O grupo de folk Milladoiro dará un concerto en maio en Burela

Por 8 Marzo, 2023Marzo 20th, 2023Sin comentarios

O histórico grupo de folk Milladoiro dará un concerto na casa da cultura de Burela o sábado 13 de maio ás 20.30 horas con motivo do Día das Letras Galegas.

No mesmo presentará o seu último disco Atlántico e fará un repaso polos seus mellores temas ao longo de décadas de existencia.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “desde a Delegación de Cultura queremos anunciar que xa están á venda as entradas para o concerto que teremos o 13 de maio. Aproveitaremos esa actuación para conmemorar as Letras Galegas, pola proximidade de ambas as datas. Como concerto estrela teremos a Milladoiro, un grupo dabondo coñecido que conta cunha ampla historia na música tradicional galega. Levan máis de 40 anos, van para 50, nos escenarios recibindo moitos premios e galardóns, actuando en sitios moi ilustres e probablemente estamos #ante un dos grupos máis valorados a nivel internacional”.

O edil burelés subliñou que “era ademais un reto porque era un dos grupos importantes que faltaba por traer aquí ao auditorio despois do paso de tantos e tantos grupos de música tradicional galega ou de artistas como Luar na Lubre, Rosa Cedrón, Xavier Díaz, Sés, etc. Faltaba Milladoiro e coa súa actuación pechamos o círculo de grupos de peso, que penso que deben pasar por aquí polo noso auditorio”.

As entradas xá están a venda.