Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A 7ª Ruta Ecuestre de Equus Norte e o Concello da Pontenova celebrarase o 15 de abril

Por 21 Marzo, 2023Sin comentarios

A 7ª Ruta Ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova celebrarase o vindeiro 15 de abril. O programa dará comezo ás 10.00 horas coa saída dende a área recreativa do Pozo da Ola.

Ás 14.00 horas terá lugar o xantar para o que haberá que adquirir os tickets no Hotel Restaurante San Briz a un prezo de 25 euros. Durante toda a tarde haberá música a cargo de Pedro BRMUDZ.

Para máis información e inscricións haberá que chamar aos teléfonos 662 062 625, 608 719 887 ou 633 913 203. A organización comunica que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.