Skip to main content
Axenda CaducadaXove

O centro cívico de Xove acollerá a mostra ‘Retratando Sentimientos, retratando a Rosana Roca’ de Inma Purriños

Por 19 Marzo, 2023Marzo 20th, 2023Sin comentarios

A sala de exposición do centro cívico de Xove acolle o vindeiro venres 31 de marzo a inauguración da mostra Retratando Sentimientos, retratando a Rosana Roca de Inma Purriños en colaboración coa Asociación Somos Unidos polo Cancro.

A inauguración será ás 19.30 horas e contará coa intervención de Rosana Roca. A mostra estará aberta ao público do 1 ao 30 de abril en horario de 17.00 a 20.00 horas.

A fotógrafa dixo que “queremos mostrar a valentía e positividade de Rosana ante a enfermidade e dar visibilidade a algo que desgraciadamente é tan habitual. E esta vez no seu pobo natal”.

Tamén quixo agradecer á Asociación Somos Unidos polo Cancro “por dar visibilidade ao seu gran labor”.