Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

O Concello de Vegadeo prepara unha xincana corresponsable

Por 25 Marzo, 2023Marzo 26th, 2023Sin comentarios

O Concello de Vegadeo prepara unha xincana corresponsable para o vindeiro sábado día 1 de abril no local Mercasa de 11.00 a 14.00 horas. Será un xogo para as familias, que queiran pasar unha mañá entretida e didáctica. Esta iniciativa está enmarcada dentro do Plan Corresponsables 2023 .

Con esta actividade preténdese conseguir desde o xogo, traballar a corresponsabilidade entendendo esta como a repartición equilibrada das tarefas domesticas e das responsabilidades familiares co fin de distribuír de maneira xusta os tempo de vida de mulleres e homes, búscase por tanto sensibilizar e analizar esta realidade na nosa contorna familiar.

As familias deberán atopar diferentes códigos QR situados en distintos puntos de Vegadeo. Estes códigos QR poderanse atopar seguindo pistas proporcionados pola organización. Unha vez atopados, realizarán distintas probas e xogos que promoven valores como a solidariedade, a cooperación, unha reflexión sobre a necesidade de que exista igualdade de oportunidades e unha repartición equilibrada das tarefas e responsabilidades familiares.

O xogo finalizará cun encontro de todas as familias participantes.

Para anotarse haberá que chamar ao teléfono 697 163 640.