Skip to main content
Cervo

Nova edición da Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación

Por 31 Marzo, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

O grupo Fol do Raxal, Acr Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena organizan unha nova edición da Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación que será o 6 de maio.

A organización xa foi debullando o programa e contarán co obradoiro de construción de pandeiretas a cargo de Sanín e que será de 10.00 a 14.00 horas. Para anotarse será necesario chamar ao 678 957 554 ou escribir a fervenzadesargadelos@gmail.com antes do 16 de abril.

Nesta tradicional cita contarán coa sesión vermú de Tumba e Dalle a partir das 19.30 horas, e con Tiruleque ás 22.30 horas.

Será a partir das 10.00 horas na praza do Souto de Cervo, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan. Para asistir á feira con posto ou con grupo será necesaria a inscrición chamando ao teléfono 649 130 873.