Skip to main content
Cervo

San Cibrao acollerá o sábado 1 de abril a VII Foliada Nordestía

Por 30 Marzo, 2023Marzo 31st, 2023Sin comentarios

San Cibrao acollerá o sábado 1 de abril a VII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita, que non se celebraba desde o 2019, está organizada por A Rebolaxe coa colaboración económica e de material, do Concello de Cervo.

O rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Ciprián durante todo o día.

O programa arrinca ás 12.00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería,  ás 15.00 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos e animación infantil a cargo de Miudiño, e un obradoiro de baile, ás 19.00 horas.

Como broche de ouro da xornada, ás 20.30 dará comezo o Festival cos concertos de Pelepau, Fransy, Davide e Cibrán e Comando Curuxás

Os tickets para o xantar popular estarán a disposición das persoas interesadas na Terraza O Noso Lar e en Hansel e Gretel ata o 31 de marzo, a un prezo de 13 euros; e o mesmo día na carpa da Praza dos Campos ata fin de existencias, por 15 euros.

Villares quixo darlle os parabéns á asociación A Rebolaxe por retomar este evento que é toda unha homenaxe á tradición e á cultura galega, ”co que desde o Concello, como vimos facendo sempre con todas as asocacións que enchen de vida as nosas vilas, prestamos toda a colaboración posible para que todos poidamos desfrutar desta xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantidos”.