Skip to main content
Cervo

Rematados os traballos de creación dunha pista ecuestre nas inmediacións da Bidueira, en Cervo

Por 31 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de rematar os traballos de creación da pista ecuestre nas inmediacións das instalacións deportivas da Bidueira.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata a zona para comprobar in situ o resultado da actuación acompañados por un grupo de mozos/as do municipio afeccionados ao mundo cabalar “porque esta iniciativa naceu da comunicación con eles, xa que hai unha gran tradición en Cervo”, precisou Villares quen engadiu que así, “tamén  conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello”.

A realización desta pista, que supuxo un orzamento de máis de 40.000 euros procedentes de fondos municipais, é xa unha realidade  grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cede os terreos para a súa construción e o Concello aporta a financiación pertinente.

Con este novo proxecto búscase retomar a actividade nas instalacións da Bidueira, antigo campo de fútbol da S.D. Cervo -Sargadelos que quedaron abandonadas. Coa creación desta pista ao seu carón, podería ser sede de campionatos e diferentes tipos de encontros cabalares.