Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O viveirense, Adrián Ben, proclamouse campión de Europa en 800 metros

Por 5 Marzo, 2023Sin comentarios

O viveirense, Adrián Ben, proclamouse esta tarde campión de Europa en 800 metros lisos baixo teito na proba celebrada en Estambul.

O atleta viveirense superou en 3 milésimas ao francés Benjamin Robert, facendo unha marca de 1:47.34. O terceiro posto foi para o belga Elliot Crestan.

Ben é o sexto español en conseguir este título no que Antonio Páez gañou por primeira vez en 1979 e 1982, Colomán Trabado en 1983, Luís Javier González en 1992, Roberto Parra en 1996 e Álvaro de Arriba en 2019.