Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O Concello de Viveiro organiza unha recepción a Adrián Ben

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro organiza este sábado día 10, a partir das 13.00 horas, unha recepción na sala Multiusos a Adrián Ben, que o pasado domingo proclamouse campión de Europa de 800 en pista cuberta en Turquía.

O goberno municipal quere deste xeito reiterarlle ao atleta viveirense os seus parabéns por este novo éxito e amosarlle o cariño do seu pobo nun acto aberto a toda a veciñanza.

Tralo acto, Adrián Ben firmará a todos os que o desexen unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.