Skip to main content
Alfoz

Alfoz, o lugar ideal para vivir

Por 29 Marzo, 2023Sin comentarios

Este concello destaca por compaxinar un marco incomparable de historia e beleza natural no interior da Mariña.

Para gozar da tranquilidade do medio natural, da paisaxe e os hábitos veciñais, sen renunciar por iso a todos os servizos que ofrece as grandes vilas, Alfoz é o lugar ideal.

ESTUDOS. O Concello de Alfoz, ofrece este servizo de tramitación de becas MEC ao alumnado desde hai fai anos, xunto as tramitacións de tarxetas de bus ou as propias bolsas de transporte municipais para os estudantes.

PEQUENOS. Para o asentamento familiar contan con programas de conciliación no CEIP Castro de Ouro que inclúe o de Madrugadores, inglés, OES (ocio e estudo). Ademais durante todo o ano contan con actividades de lecer e campamentos para as épocas de ocio como Nadal ou o verán.

CURSOS. Co obxectivo principal de acurtar a chamada fenda dixital, o Concello ofrece un amplo abano de cursos para as persoas maiores sobre o uso de ordenador e móbil.

VIVENDA. O Concello estivo a rehabilitar unha vivenda de titularidade municipal co fin de destinala a alugueiro social. Isto servirá para que o Concello poida crear un parque residencial para ofrecelo en réxime de arrendamento.
Por outra banda, ao ser un concello menor de 5.000 habitantes ten beneficios á hora de solicitar axudas á aluguer ou compra de vivenda, á construción, para a rehabilitación enerxética, etc.

FIBRA ÓPTICA. A fibra óptica xa está activa en Alfoz. Por agora, son só unhas cantas vivendas as que non contan con sinal. Isto é unha ferramenta fundamental para estudar e teletraballar.

BIBLIOTECA. Ao longo destes anos o Concello fixo unha reforma integral do espazo da biblioteca así como foi incrementando o fondo bibliográfico. Pero non foi só un cambio físico, senón unha dinamización continua que conta con programas coma a Bibliopiscina durante xullo e agosto, as Mochilas Viaxeiras que fomentan a lectura entre os maiores do Programa de Envellecemento Activo Activamente, ou o Club de Lectura.

DEPORTE. O Concello oferta varias modalidades deportivas co obxectivo de promocionar o deporte e hábitos saudables para a poboación durante todo o ano. Así, contan coas Escolas Deportivas Municipais, EDM, que inclúen as modalidades de patinaxe, fútbol campo e fútbol sala, e para o vindeiro curso tamén atletismo. E tamén con clases para maiores de ximnasia de mantemento, ioga, aeróbic, e fai pouco estrearon unha renovada pista de pádel.

Como é Alfoz para vivir?

Alfoz é un lugar marabilloso para vivir pois ademais de contar cunha situación xeográfica privilexiada temos moitos bos servizos para os veciños.
Que tipo de servizos ofrecen?
Contamos con traída de auga, rede de sumidoiros, alumeado público en todas as casas, fibra óptica en case todo o municipio, bolsas de estudos, axudas para a conciliación familiar, programas de dinamización para maiores, etc.

Fálenos das axudas escolares?

Ofrecemos un servizo gratuíto ás familias e alumnado para solicitar as becas de estudo do Ministerio de Educación, así como a axuda para tramitar as peticións de tarxetas de bus para estudantes que os rapaces utilizan para desprazarse ata os institutos da zona para continuar a súa formación. Tamén contamos con becas de transporte para estudantes que cursen FP e BAC noutro concello da Mariña.

Tamén velan pola conciliación familiar.

Si, por iso contamos co programa de Conciliación no que se inclúe o servizo de Madrugadores, OES (ocio e estudio) e Inglés para o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz que, de xeito totalmente gratuíto pode desfrutar da ampla oferta de actividades fóra de horario lectivo desde o primeiro ata o último día de curso.

“Sempre estamos atentos ao que a veciñanza vaia demandando como poden ser as fochancas, o saneamento ou outros servizos”

Para os maiores tamén contan con actividades?

Si. Temos o programa ActivaMente que son actividades para as persoas maiores nos que ofertamos cursos e charlas moi variadas que engloban desde musicoterapia a uso de móbil, pasando coas relacionadas coa igualdade, co xénero, coa saúde ou coa xeografía.

E servizos para os maiores?

Estes son servizos moi necesarios entre os nosos maiores por iso ofrecemos o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na casa e a teleasistencia. Son servizos que posibilitan que os maiores permanezan no seu domicilio o máximo tempo posible.

Tamén apostan polas asociacións?

Por suposto, pois cremos que son unha parte fundamental da dinamización do concello. Ofrecemos subvencións culturais, deportivas, educativas e formativas. Temos moitas asociacións, unha en cada parroquia, as cales fan posible as actividades, as festas, os cursos, etc.

E no relativo ao deporte?

Contamos cunhas escolas deportivas moi activas para favorecer o deporte entre toda a poboación. Ademais temos un circuíto de motocross, nos nosos ríos pódese practicar a pesca sen morte e contamos cun Tecor para a caza para os amantes deste deporte.

Seguen coa mellora de infraestruturas?

Seguimos mellorando día a día as nosas estradas e accesos aínda que hai que dicir que están en bastante bo estado e as estradas están case todas aglomeradas o que fai que durante as fins de semana se vexan moitos ciclistas percorréndoas. Ademais sempre estamos atentos ao que a veciñanza vaia demandando como poden ser as fochancas, o saneamento

Nótase que incrementou a compra de vivendas?

A verdade é que si, pois temos a gran sorte de que vén xente de fora a mercar aquí a súa vivenda como primeira ou segunda. Isto supón un bo aliciente para o turismo e para seguir ofrecendo bos servizos. Algúns quédanse porque lles gusta o modo de vivir que temos e outros pola riqueza patrimonial e natural.

Contan con moito patrimonio para atraer turismo?

No tema turístico estamos poñendo en valor todos os nosos recursos. De feito estamos facendo obras no Castelo para convertelo nun centro de interpretación da ruta do Mariscal Pardo de Cela que terá documentación, libros e exposicións permanentes ademais doutras actividades lúdicas durante todo o ano. Todo isto é posible gracias a Mancomunidade da Mariña. Hai que dicir que a contorna e as vistas que ten préstanse para as actividades e será un complemento para toda a Mariña.

O futuro é favorecer o medio ambiente.

Por ese motivo temos unha clara aposta por el, e esa é unha das razóns polo que recibimos a Bandeira Verde nos dous últimos anos, por non contaminar, pola eficiencia enerxética, pola boa xestión dos recursos naturais como o da auga, etc. Contamos cun servizo de recollida porta a porta, e intentamos manter o máis limpo posible e non emitir residuos nos ríos e nos montes e por suposto na propia vila. Tamén favorecemos a reciclaxe co reparto de composteiros para evitar que vaian os menos residuos posibles a Sogama, e ao mesmo tempo aprovéitanse para abono, que é totalmente natural e moi bo.