Skip to main content
Alfoz

A biblioteca municipal de Alfoz conta cun novo horario

Por 24 Marzo, 2023Sin comentarios

A biblioteca municipal de Alfoz vén de informar que conta cun novo horario. Este será de luns a xoves, desde as 16.00 ata as 20.00 horas.

A biblioteca estará aberta para todos os usuarios e usuarias que desexen utilizar os seus servizos como son o préstamo de libros e revistas, altas de novos socios/as, uso de ordenadores, tablets e libros electrónicos, zona de lectura e estudo, zona infantil, rede wifi, etc.

Ademais o fondo bibliográfico increméntase continuamente con obras de todos os xéneros a través de axudas doutras administracións e fondos propios, por exemplo, coas lecturas obrigatorias dos distintos IES da Mariña onde estudan os rapaces e rapazas de Alfoz.

Tamén conta cun servizo de dinamización continua coma a Bibliopiscina que durante xullo e agosto permite disfrutar da lectura na Piscina Municipal ou as Mochilas Viaxeiras que fomentan a lectura entre os maiores do Programa de Envellecemento Activo Activamente.

O club de lectura que conta actualmente con 17 integrantes e que é unha das actividades máis dinámicas da biblioteca e conta con visitas de autores e presentacións de libros.

Por outra banda numerosos obradoiros dirixidos aos máis pequenos ao longo de todo o ano así como un blogue propio ao que se pode acceder desde a páxina web do Cconcello, concursos coma o de Postais de Nadal ou de debuxo e narrativa das Letras Galegas.