Skip to main content
Barreiros

Esta fin de semana será o San Rosendo de Barreiros

Por 3 Marzo, 2023Marzo 4th, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana do 4 e 5 de marzo o municipio de Barreiros acollerá as festas San Rosendo que serán na praza da Igrexa en San Miguel.

A xornada dará comezo o sábado 4 ás 13.00 horas co tradicional oficio relixioso e a actuación da sección infantil do Arco da Vella. Despois será a sesión vermú e o aberto de billarda no campo das Valgas. Xa pola noite haberá verbena a cargo de Principal e Saudade.

O domingo 5 será a feira de artesanía e gando xunto co concurso morfoñoxico cabalar de Pura Raza Galega, o de poldros Cabalo Marchador e a carreira de andadura Cabalo marchador galego serrado e chapeado. Tamñne haberá xincanas, misa e procesión, e sesión vermú co grupo Tumba e Dalle.

Para participar na feira haberá que inscribirse antes do 13 de febreiro en san.rosendo.smr@gmail.com ou chamando a 628 739 224, 650 931 451 ou 651 347 286.