A Asociación de Nais e Pais de Nenos/as con Discapacidade da Mariña de Lugo, Apned, organiza en colaboración co Concello de Barreiros unha xornada de formación de familias.
Nela explicaranse diferentes puntos a ter en conta á hora de decidir se é o momento correcto de ofrecerlle un móbil aos cativos e de como acompañar ás crianzas para que fagan un uso responsable do mesmo.
Esta charla será o venres 31 de marzo ás 17.00 horas no centro sociocultural. E é unha actividade gratuíta.
